Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Testigos de Xehová estrean o Salón do Reino

Os Testigos de Xehová estrean o Salón do Reino
Construción do Salón do Reino dos Testigos de Xehová en Cee- Domingo 4 de novembro Cita dos Testigos no seu novo local

Volven os activos Testigos de Xehová celebrar a súa cita anual máis esperada. Falamos dunha comunidade de fieis cada día máis numerosa da Costa da Morte como demostra a construción, cas súas propias mans dun magnífico local en Vilanova, Cee. I é que no local de Corcubión xa non cabían os chegados de concellos dende Vimianzo ata Fisterra!

Este vindeiro martes 26 de marzo, celebrarán o que para eles é o acontecemento anual máis importante: "recordar ou conmemorar a morte de Xesucristo en sacrificio e os beneficios que iso nos reporta".
A reunión consistirá nunha conferencia duns 45 minutos en galego e outra en castelán, para que cada persoa poida escoller o idioma que mais lle agrade. Nela explicarase, entre outras cousas, "quen foi Xesús, como pode axudarnos a súa morte e por que é importante que o recordemos".
A exposición en galego comezará ás 20:00 da tarde mentres que en castelán efectuarase ás 21:15. Calquera persoa que desexe asistir está cordialmente invitada. A entrada é gratuita e non se efectuarán colectas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios