Venres. 29.03.2024
El tiempo

Últimas 2 prazas para o Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría do IES Fernando Blanco

FP GERCA_IES FERNANDO BLANCO
Últimas 2 prazas para o Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría do IES Fernando Blanco

A gran novidade deste ano da oferta formativa do IES Fernando Blanco, de Cee para este curso é o Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría na modalidade Dual, sendo a entidade colaboradora GERCA Acero y Metal S.L. É o único centro educativo público da Costa da Morte que ofrece esta formación, sendo a soldadura é, actualmente, unha das profesións máis demandadas e con saída laboral asegurada.

Quedan só 2 prazas dispoñibles, polo que as persoas interesadas poden presentar a súa solicitude e currículo na secretaría do IES Fernando Blanco.

Máis información chamando ao 881880467 ou na web do centro.

Comentarios