Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un grupo de veciños e veciñas de Lires entrega preto de 200 sinaturas para recuperar a vila

Un grupo de veciños e veciñas de Lires entrega preto de 200 sinaturas para recuperar a vila
Un grupo de veciños e veciñas de Lires facía entrega este lues ao alcalde de Cee das preto de 200 sinaturas e a petición formal para un "Acondicionamento da zona do nacemento da ría e recuperación do patrimonio". Veciños e Veciñas de Lires presentan a solicitude no Concello
Previo ao rexistro, unha representación da veciñanza tivo un encontro co alcalde para expoñerlle a intención, quedando pendente un novo encontro para a presentación oficial do proxecto, ao que dous veciños profesionais na materia, están a dar os úlimos retoques. O seguinte paso consistirá na presentación do proxecto este domingo as 16:00 da tarde na escola de Lires para os veciños e veciñas da parroquia.
A solicitude apunta a diversas liñas que consideran esencias no traballo de recuperación do entorno. Para empezar, "O acondicionamento da contorna da ría de Lires mediante un proxecto que poña en valor o lugar e a ría". Os firmantes afirman que é preciso "a consideración da zona común situada ao lado da ponte da ría Lires, debaixo da área de recreo que está fronte a igrexa, como o lugar idóneo para isto, podendo aproveitarse para mellorar a canalización do río, recuperación do camiño sacramental primitivo e devolvendo á antiga pontella o seu uso orixinal para cruzar a ría, restaurar os lavaderos, e mesmo crear zonas de descanso con bancos, e zonas de xogo e baño para nenos aproveitando a auga do río".
Os solicitantes tamen apuntan a necesaria "inclusión nesta zona, dun xeito totalmente integrado, dun parque infantil, xa que a día de hoxe Lires é a única parroquia do Concello de Cee que non dispón do mesmo. E como razón de peso, consideramos que se debe ter en conta o número significativo de nenos que actualmente hai na parroquia". De igual éxito, os firmantes consideran que "Aproveitando esta ocasión", podería plantearse presentar este protector ao GALP; "consideramos que este é o momento idóneo para solicitar que o Concello de Cee elabore un proxecto de acondicionamento desta zona para presentalo ante a directiva do GALP Costa Sostible na categoría de Proxectos Non Produtivos, có obxectivo de obter unha subvención para o mesmo. Estas subvencións, no caso dun proxecto non produtivo coma este, poden alcanzar ata un 100% custe de execución".

Comentarios