Un simpático enterro polo finado Heliporto de Lires
Non ten cancelas o entroido costeiro, e esta acción así o refrenda. Tempo de sátira, pero sen deixar de reivindicar. O BNG da Costa da Morte protagonizou o pasado Martes de Entroido o Enterro do finado Heliporto de Rubio, en Lires, outra das desfeitas desta Xunta en materia de infraestruturas na Costa da Morte.
Unha comitiva fúnebre achegouse ata ás portas do abandonado heliporto, un acto reivindicativo no que, a mais da sátira propia do día, se pedíu que volte o helicóptero, ou “de non ser así, se dean as explicacións oportunas e verídicas do que acontece con él”.
Non faltou o cura Alex, neste funeral con corpo presente, nen as oracións pertinentes: ”Os seus pais PPPSOE (ausentes por enfermidade terminal), os seus irmáns: Porto de Sardiñeiro, Criadeiro de Ameixa de Camariñas (non dá ameixa e ninguén se queixa), Autovía da Costa da Morte (ausente).
Homes e mulleres do mar da Costa da Morte, veciñas e veciños...
Pregamos unha oración pola súa alma e polo eterno descanso de máis de 1800000€ que só serviron para semente de toxos e silvas.
E así oraron os presentes “Ohhh... señor PPPSOE que sen misericordia condeas e ninguneas a Costa da Morte, pedímosche que te alonxes, polo ben dos seus habitantes”.
Novas relacionadas
- 18-11-14: A Xunta recoñece a mala ubicación do heliporto de Lires despois de 2 millóns de euros de investimento.
- 28-10-14: Medio centenar de persoas concéntranse na base do heliporto de Rubio.
- 24-10-14: Unha campaña para recuperar o Helicóptero de Salvamento da Costa da Morte.
- 06-10-14: Un novo naufraxio en Muxía lembra a necesidade do helicóptero de Lires.
- 19-05-14: O BNG reitera as súas críticas polo abandono da Base de Salvamento de Lires.
- 16-05-14: O helicóptero non volverá á base de Lires.
- 28-03-14: Vai pechar definitivamente a base do helicóptero de Lires?.
- 06-03-14: Preocupación pola paralización do heliporto de Lires.
- 18-11-13: Por unha base loxística de Salvamento propia no porto refuxio de Brens.
- 23-09-11: En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos.
- 31-03-2010: Fomento recupera a base de Salvamento de Lires que rechazou a Xunta .
- 31-05-09: A Costa queda sen o seu helicóptero de Salvamento.
- 07-03-08: A Costa terá unha nova base de Salvamento Marítimo.
- 09-10-07: Fisterra pode albergar unha base de helicópteros.
Outras novas
- Sardiñeiro. Un porto sen barcos.
- Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?.
- Exercicio de Salvamento do helicóptero de Lires.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).