Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un novo naufraxio en Muxía lembra a necesidade do helicóptero de Lires

Un novo naufraxio en Muxía lembra a necesidade do helicóptero de Lires
Signos de abandono no Heliporto de Lires

Este pasado venres, un novo episodio acendeu as alarmas no mar, e iso que aínda non comezou o duro do inverno. Cando aínda as condicións meteorolóxicas son aceptables, atopámonos como, ante un naufrauxio na costa de Muxía. Dous mariñeiros tiveron que ser rescatados tras o fallo da súa planeadora, pero tiveron que ser compañeiros os que saíron na súa axuda, mentres o helicóptero non regresa a base da Costa da Morte. Foi un patrón da zona, que faenaba por alí, o que os salvara, xa con síntomas de hipotermia.

Unha circunstancia que volve traer á actualidade a vergoña do heliporto de Rubio, Lires, Cee. E volve ser o BNG Costa da Morte o que amosa a súa “total indignación cara o que está a pasar co heliporto de Ruibo-Cee, que segue pechado trala millonaria inversión fai un par de anos”.

En maio anunciabamos que o helicóptero non voltaría á deficiente base construída. I é que foron moitas as cousas mal feitas nesa base. Situada nun lugar con pouca visibilidade, o helicóptero non podería saír nin aterrar en días de néboa ou vento forte; e mesmo a nave era demasiado pequena para o helicóptero.

Así que a día de hoxe “atopámonos nestes intres ante unha infraestructura abandoada, e cun goberno que contesta moi ambiguamente as nosas preguntas, e que non fai mais que poñer incertidume sobre a protección da nosa xente do mar”, denuncian, e aseguran que “volveremos a pedir explicacións no Parlamento Español polo desleixo do goberno no que ten a ver con esta infraestructura, mais porá tamén mais medidas de presión sobre a mesa que se irán coñecendo co transcurso dos vindeiros días”.

Novas relacionadas

Outras novas

Comentarios