Luns. 29.04.2024
El tiempo

Unha campaña para recuperar o Helicóptero de Salvamento da Costa da Morte

Unha campaña para recuperar o Helicóptero de Salvamento da Costa da Morte
Kuka Sar Daniel Rodas e Serxio Dominguez Concentracio Heliporto de Rubio co BNG

O BNG presentou, en rolda de prensa no seu local de Corcubión, as inciativas que vai tomar a curto prazo para que volte o heilcóptero de Salvamento Marítimo a Costa da Morte. Daniel Rodas, deputado no parlamento en materia de pesca, acompañado do portavoz de Fisterra, Xan Carlos Sar e do concelleiro en Cee e portavoz comarcal, Serxio Domínguez Louro, recalcaron a necesidade de que a base estea operativa canto antes, así como presentaron as medidas que van tomar.

O tema volverá ao Parlamento, os grupos municipais volverán presentar mocións nos Concellos da bisbarra, e ademais, o grupo da oposición convoca xa cunha Concentración, diante da Base de Rubio, en Lires, Cee, para este domingo ás 12:00h. Unha convocatoria aberta a toda a cidadanía costeira “para que así a Xunta e o goberno español tomen nota do descontento”.

Por que non vale a base de Rubio?

Hai cousas que aínda faltan por saber. O BNG quere saber cal foi o custe exacto da base e as razóns polas que non está operativa, así como os problemas técnicos que fixeron que se tomara esta decisión. “Está máis que claro que os informes que aconsellaban o lugar como o axeitado non estaban no certo, ou sinxelamente non existían, polo que o goberno debería aclarar este punto”, sinalan.

Preguntan tamén polas “medidas que se van tomar para o non desmantelamento da base, e das solucións técnicas que se van tomar, de facelo, para que non ocorra como no aeroporto de Castellón, cartos públicos invertidos para ningún uso. Instamos tamén a que a Xunta presione ao goberno do estado, para que si a base volve a funcionar, o faga con todas as medidas necesarias para unha seguridade total da xente do mar, e dicir, gardas presencias incluidas”.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Costa da Morte.

Comentarios