Luns. 29.04.2024
El tiempo

Vai pechar definitivamente a base do helicóptero de Lires?

Vai pechar definitivamente a base do helicóptero de Lires?
Maqueta do heliporto de Lires

Es é a preguta que a deputada parlamentar do BNG, Rosana Pérez, prantexou no a Cámara para pedirlle ao Ministerio de Fomento que aclare se está a planificar o peche da base de Ruibo en Cee. I é que se xa se fixeron públicas algunhas, deficiencias da base de Rubio, como a falla de estación meteorolóxica, necesaria nunha zona destas características, aínda hai outras que non sairon á luz.

A realidade é que o helicóptero de Sasemar, que tiña a súa base en Ruibo, foi trasladado a Santiago de Compostela. E é necesario saber se se trata dun traslado temporal como sinala a alcaldesa de Cee, ou se a idea é a de pechar esta base, tendo en conta as manifestacións do Director de Salvamento Marítimo asegurando que “o traslado é mentras se cumpre os trámites da estación meteorolóxica”.

Nese sentido, salienta que a base ten deficiencias como a falla dunha estación meteorolóxica necesaria debido ás condicións de vento e néboa propias da zona. “Máis, outros dados e informacións poñen en cuestión que se trate dun traslado temporal e que podería ser o inicio dun peche científico”.
“Como é posible que esta base estivese operativa sen contar con estación meteorolóxica?”, pregúntanse, ao tempo que preguntan se efectivamente “existen informes técnicos de Salvamento que indican que a base non está situada na ubicación idónea?”.

O accidente do “Laberco”

A deputada do BNG sinala que na “práctica, o feito de non contar cun heliporto operativo ao 100%, traduciríase nunha situación de desproteción e un risco inasumíbel en canto á seguridade marítima na zona”. Nesa liña, explica que existen antecedentes recentes “moi preocupantes que poden estar relacionados cos problemas que presenta o heliporto”.
Así, a deputada do BNG sinala que no accidente do pesqueiro “Laberco”, en augas Carnota o 4 de setembro de 2013, varias embarcacións “presentes no resgate puxeron en dúbida o papel e tempo de resposta do helicóptero, que finalmente non interviu”.
Recordan que a embarcación de Salvamento “Salvamar Regulus”, tardou media hora en chegar para evacuar a tripulación, “cando xa se atopaba a resgardo noutro barco. Ademais, engade, “descoñecese o papel que tivo o helicóptero e as recentes explicacións da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes Marítimos non dan información que desmintan estas críticas”.
“Onde estaba o helicóptero nese momento? Existe algunha relación entre a actuación do HELIMER 103 no afundimento do pesqueiro “Laberco” e a situación do heliporto?”, pregúntanse.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Costa da Morte.

Comentarios