Unha curta textil dos alumnos do IES Fernando Blanco, gañadora do Festival Audiovisual Olloboi 2018


Un grupo de alumnas e alumnos do IES Fernando Blanco dos CM de Xestión Administrativa e do CS de Administración e Finanzas foron gañadores do Festival Audiovisual Olloboi 2018 na modalidade de microcurtas.
Un grupo de alumnas e alumos do CM de Xestión administrativa e do CS de Administración e finanzas do IES Fernando Blanco, xunto coas súas profesoras Lucía Blanco e Helena Caamaño, resultaron gañadores na modalidade de microcurtas do Festival Audiovisual Olloboi 2018, que se celebra en Boiro.
En principio participaban con estes dous vídeos:
Encontro clave con Miguel de Lira

Pero na mañá da entrega dos premios, nun dos encontros do festival atopáronse con Miguel de Lira e Toño Chouza e, coa súa colaboración, decidiron facer unha peli sobre o téxtil e as mulleres de Boiro e presentárona a concurso. E resultou que foron os gañadores na modalidade de microcurtas. Esta é a peli:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).