![carreira solidaria cee]()
A carreira solidaria disputouse o pasado venres no contorno da praia da Concha de Cee
A praia da Concha de Cee acolleu o pasado venres, 18 de maio, a carreira solidaria contra a fame na que participaron un 400 alumnos e alumnas do
CPR Plurilingüe "Manuela Rial Mouzo" de Cee. O de menos era gañar polo que o alumnado
cumpriu co seu reto persoal e deu as voltas pertinentes a cada un dos dous circuítos - segundo a idade dos participantes - que habilitou a organización.
![carreira solidaria cee alevins]()
Os alevíns do CPR Manuela Rial de Cee durante a saída
O equipo organizativo (profesorado, xuíces de carreira, sanitarios, persoal de avituallamento, voluntarios…) estivo dirixido polos profesores Luís Alberto Fernández Redonda e Luís Miguel Antelo Lema. O evento contou coa colaboración do concello de Cee e de firmas como Gadis, Coca-Cola, cervexería As Baleas e distribucións Guimareu. Nos próximos días, os participantes recollerán os donativos dos patrocinadores para envialos á plataforma "Acción contra el Hambre". Parabéns a todos/as os/as participantes!
![carreira-solidaria-cee-pitufos]()
Os pitufos do CPR Manuela Rial de Cee
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)