Vai de Fogos na Xunqueira


Despois do comezo a golpe de lembranzas, as Festas da Xunqueira de Cee seguen completándose co arraigo habitual. Este mércores 16 péchanse as festas coa actuación de Rosana, pero o día grande sempre é o propio 15 de agosto, coa procesión e os fogos como grandes protagonistas.
A cita de martes arrincaba coa Procesión da Xunqueira polas rúas da vila. Ateigadas quedaban as rúas para recibir á súa patroa.
De seguido, a Alameda acollía o concerto, bailado, da Banda de Música Municipal. Non pasou desapercibida a sesión vermú e a verbena nocturna, pero a gran cita deste 15 de agosto sempre son os fogos da Xunqueira. Uns fogos que sempre xeran polémica polos 15.000€ que levan da partida dos 90.000€ de orzamento deste 2017. Uns fogos que, en todo caso, serven de punto de encontro para centos de veciños da comarca e de visitantes.
Algúns deles escolleron a novidosa proposta da tenda turística ceesa Stoupa de montar nos Cruceros Fisterra para velos fogos dende o mar. Foron máis de 50 persoas as que disfrutaron desa impresionante visión dos fogos retumbando no mar, e que xa obrigará aos organizadores a mantelo como proposta fixa cada verán.
Aquí vos deixamos cun vídeo de Rafa Quintáns, outro de Rubén Santamaría (que non falla co seu vídeo dende hai 8 anos!), e varias imaxes da festa:







Novas relacionadas
- 2017: Lembrazas e Cabezudos para arrincar as Festas da Xunqueira.
- Cee enche o auditorio da tradición local.
- Á EsCEEna, protagonista do Verán Cultural ceés.
Máis novas
- 2016: AS Festas da Xunqueira en imaxes.
- 2015: A Xunqueira sacou o mellor do orgullo ceense.
- 2012: A Xunqueira venceu a chuvia.
-
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).