Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística

Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística
Axentes da Operación Orquesta escoltan o Concello de Cee o primeiro día da trama - Foto: Marcos Rodriguez Axentes da Operación Orquesta escoltan o Concello de Cee o primeiro día da trama - Foto: Marcos Rodriguez Xa hai 8 detidos na chamada "Operación Orquesta". Os 3 alcaldes, 2 concelleiros fisterráns e 3 empresarios da construción están á disposición xudicial por "Tráfico de influencias, cohecho, prevaricación y falsificación documental". E todo comezaba esta mañá de luns 31 de xaneiro de 2011, cando os concellos de Cee, Fisterra, Mazaricos e Muxía eran rexistrados pola Axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais, no marco dunha intervención xudicial dirixida polo Xulgado de Corcubión. Un posible caso de corrupción urbanística pode ser a causa dos rexistros, nos que se procura atopar abundante documentación. Uns 30 axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) e maís dunha ducia de furgóns participan na operación que xa leva aberta máis dun ano en "segredo de sumario". Ademais, unha empresa de construción da zona de Muxía, probablemente Construcciones Ogando, e a casa do alcalde de Cee, están sendo intervidas. A empresa é unha das que máis obra pública desenvolve na bisbarra. A investigación segue aberta. Cómpre destacar que en Cee gobernan os Independientes, en coalición co PSOE, e en Mazaricos e Fisterra o PP. xuiz-da-operacion operacion-orquesta-2 Daniel Ogando fillo saíndo do Xulgado de Corcubión-Foto-Marcos Rodriguez Daniel Ogando fillo saíndo do Xulgado de Corcubión-Foto-Marcos Rodriguez amancia-trillo

Fonte

Comentarios