Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Xornada multideportiva no pavillón de Cee

CEIP_VILA_de_CEE_DiaMundialDaSaude
Xornada multideportiva no pavillón de Cee

O CEIP Plurilingüe Vila de Cee encheuse de deporte esta mañá de venres 5 de abril para celebrar o Día Mundial da Saúde (7 de abril) e o Día Universal do Deporte (6 de abril) organizando unha Xornada multideportiva onde participaron entidades deportivas e culturais da Zona amosando os seus deportes actividades a todo o alumnado de primaria. Que contaron cunha ampla oferta deportiva:

- Baile Tradicional - Asociación Cultural Novo Viana
- Kit Boxing - Club Dafit
- Voleibol - Club de Volei Dumbría
- Baloncesto - ACB Costa da Morte
- Fútbol - Unión Club Cee
- Tenis de Mesa, AD Zas Tenis Mesa

O centro tiña como obxectivo poder gozar da práctica da actividade física e deportiva e promocionar e fomentar un estilo de activo, deportivo e saudable entre o alumnado.
Segundo as recomendacións mundiais sobre actividade física para a saúde da Organización Mundial para a Saúde (OMS, 2010) a inactividade física é o cuarto factor de risco de mortalidade máis importante en todo o mundo. O aumento actual da inactividade física e o sedentarismo inflúe considerablemente na prevalencia de enfermidades non transmisibles (ENT) e na saúde xeral da poboación.

Comentarios