Xosé Iglesias presenta o seu novo libro este sábado 17M en Cee e Fisterra

Presentaba hai apenas dúas semanas Xosé Iglesias o seu novo libro, o álbum ilustrado “Nao Cetácea” [Ed. Canela],. E o mariñeiro/poeta de Cee xa ten data para as primeiras presentacións.

As citas serán, coincidindo co Día das Letras Galegas, ás 12:00h no Mercado Cultural de Fisterra e ás 19:30h na Biblioteca Francisco Mayán da súa vila natal.

Máis novas