Chisco Fdez. Naval e Xosé Iglesias homenaxean ás baleas coa súa arte en Cee

Ten a Casa da Cutura de Cee unha cita este sábado 30 de setembro cos cetáceos. Chisco Fdez. Naval e Xosé Iglesias comparten sinerxias baleeiras e presentan a un tempo un libro e unha exposición sobre un animal que tan importante foi para a vila da Xunqueira.
A cita doble arrinca ás ás 19:00 horas coa inauguración na casa da cultura de Cee do proxecto “Ceetácea” do poeta-mariñeiro-escultor ceense: “unha homenaxe en forma de escultura de madeira, as baleas que cazamos na Costa da Morte e no que levo traballando todo o inverno, primavera e vran”.
“O meu pobo natal é Cee. Sabemos ben na nosa comarca da importancia que tivo durante o século pasado e para a nosa economía a caza das baleas. Agora é tempo de recoñecelas, de darlles vida en terra e saber máis de cada especie de cetàceos, non podemos ignorar un pasado que en moitos lugares do mundo é a base argumental dos seus museos”, define Iglesias. “Que entren de novo os mamíferos mariños nas nosas rías. É tempo de honralos, coidalos e tratalos co máximo respecto posible”.
De seguido, Cee seguirá navegando no mar da man de Francisco Xosé Fernández Naval, que presentará o seu novo libro “Ser Cetáceo”.
Todo, acompañados polo xornalista da Radio Galega Xusto López Carril e o poeta ceense Estevo Creus.
Novas relacionadas
- Chisco Fdez. Naval debullou o seu amor polos cetáceos na presentación do seu novo libro:
- Xosé Iglesias presentou en Fisterra o seu álbum de "poesía visual”.
CANTIGAS DE LEVIATÁN EN QPC CON XOSÉ IGLESIAS
- Cantiga de Leviatán: Adhara Caamaño canta ás Illas Lobeiras.
- Cantigas de Leviatán: David e Estevo Creus na Illa Lobeira.
- Cantigas de Leviatán: O músico polifacético Benxamín Otero visita a illa Lobeira.
- Cantigas de Leviatán: Recital poético reivindicativo por Caneliñas.
- Cantiga de Leviatán: Baleeiros a bordo.
- Cantigas de Leviatán: Chisco presenta o seu último libro na Illa Lobeira.
- Cantigas de Leviatán: Xabier Díaz no “paraíso”.
- Cantigas de Leviatán: O xograr Suso Martínez na Illa Lobeira.
- Cantigas de Leviatán: o fotoperiodista Xurxo Lobato na Illa Lobeira.
- Cantigas de Leviatán: Belem Tajes, unha voz de Arou na Illa Lobeira
- Cantiga de Leviatán: Xurxo Souto nas illas Lobeiras
- Cantigas de Leviatán: Anxo Angueira leva a súa dorna á Lobeira
- Cantigas de Leviatán: Rodrigo Costoya presenta nas Lobeiras a súa novela sobre a verdadeira historia de Colón.
- Cantigas de Leviatán: Juan o Pecas de Fisterra