Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xosé Iglesias presentou en Fisterra o seu álbum de "poesía visual"

Xose Iglesias pintando unha acuarela en directo
Xose Iglesias pintando unha acuarela en directo
Xosé Iglesias presentou en Fisterra o seu álbum de "poesía visual"

Este pasado sábado, o Hotel Bela Fisterra acollía a presentación do libro "Luces da Costa da Morte" de Xosé Iglesias. Unha ocasión, co gallo do Día das Mulleres e os Homes do Mar, moi especial para gozar da poesía oceánica e as ilustracións que dan forma aos soños deste "mariñeiro tolo"

Acompañado da xente da Editorial Bululú, e coa colaboración do viño galego Méndez Rojo, o poeta e mariñeiro ceense compartiu as razóns e as claves da súa nova publicación, este álbum de postais e poemas, no que dá un paso adiante na súa intervención artística cara a "poesía visual".

Non deixou de reivindicar a recuperación da baleeira de Caneliñas.

Iglesias realizou ademais unha das súas acuarelas en directo, que finalmente, tralo sorteo, tocoulle a unha parella que asistiu á presentación.

Novas relacionadas

Cantigas de Leviatán en QPC con Xosé Iglesias

Comentarios