Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Desemprego en EEUU e Reino Unido: casos paralelos e á vez moi diferentes.

Desemprego en EEUU e Reino Unido: casos paralelos e á vez moi diferentes.
Desemprego en EEUU e Reino Unido: casos paralelos e á vez moi diferentes.
Desemprego en EEUU e Reino Unido: casos paralelos e á vez moi diferentes.

Esta semana, o tema de moda por excelencia tanto no Reino Unido coma nos Estados Unidos é o desemprego. A pandemia causou grandes estragos no que ó traballo se refire, que se suman, no caso británico, aos problemas ocasionados polo Brexit. Pola súa parte, o caso estadounidense márcase por unhas fortes contradicións na oferta e na demanda de emprego. 

EEUU e a contradición nos niveis de desemprego coas vacantes dispoñibles

Nos Estados Unidos a tasa de desemprego chegou aos 22 millóns en 2020, niveis que se asemellan aos da Gran Depresión dos anos 30. A pandemia, mais o peche masivo de empresas e demáis actividade comercial, xerou este gran desplome de poboación activa, un fenómeno que se produciu a escala global. Hoxe, Estados Unidos segue a contar cuns 8.4 millóns de parados, cifras moi inferiores ás de 2020 pero aínda así moi alonxadas de niveis prepandemia.

Aínda así, un estudo realizado pola Asociación Nacional de Empresas Independentes (Small Business Association en inglés) descubriu que a oferta de emprego sitúase hoxe nos 9.2 millóns, o que contrasta cas cifras de desemprego anteriormente mencionadas. Se hai máis oferta de emprego que persoas desempregadas, por que non están estes cidadáns en idade activa para traballar e cubrir as vacantes?

Aínda que hai varias posibles explicacións, o máis probable é que esta disparidade débase, en grande medida, ao paquete de axudas que o goberno estadounidense repartiu entre os seus cidadáns tanto a principios da pandemia como xa ben entrado o 2021. Estas axudas fixeron que, en moitos casos, os cidadáns americanos decidiran non reincorporarse aos seus postos de traballo. Ademáis, moitos pais víronse obrigados a manter aos seus fillos na casa en horario escolar, xa que as clases mudaron ao mundo virtual. Así, para moitos foi imposible volver ao traballo se non teñen a ninguén que poida facerse cargo dos máis cativos durante estas horas. 

En canto a que consecuencias podería ocasionar esto no futuro, Humberto Calzado Díaz, de Tickmill, comenta:

"Este desequilibrio no mercado laboral podería agudizar os temores sobre futuras presións inflacionarias, a escasez de man de obra podería impulsar un aumento substancial nos salarios, mais como os programas de asistencia están a piques de expirar, probablemente moitas de estas vacantes ocuparanse."

O Brexit provoca problemas de desabastecemento no Reino Unido

No caso do Reino Unido, o problema de desemprego súmase aos cambios producidos polo Brexit, é dicir, á saída do país da Unión Europea. Nos últimos días, os británicos foron testemuñas da peor crise de desabastecemento de combustible e alimentos dende fai décadas. 

En realidade, o problema non é a falta de combustible ou de productos como tal; o verdadeiro problema é a falta de traballadores, máis concretamente de temporeiros que recollan alimentos, maquinistas que se encarguen das tarefas de produción e tamén camioneiros que transporten ditos produtos ata os puntos de venda. Este problema de persoal deriva do xa mencionado Brexit, que fixo que moitos dos traballadores europeos volveran aos seus países de orixe, deixando polo tanto un vacío de casi o 50% en industrias como a hosteleira ou a agroalimentaria. Aínda así, o goberno británico defende que o problema de abastecemento débese aos efectos da pandemia, e non do Brexit.

Tanto no caso estadounidense coma no británico, só o tempo dirá qué ocorre cos desaxustes do emprego actuais. Ambos casos víronse moi afectados -incluso orixinados no caso americano- polos confinamentos producto da pandemia mundial. Hai posibilidades de que, a medida que as restriccións se retiren e o mundo volva á tan chamada “normalidade”, o emprego e o mercado se regulen de forma natural.