Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Fisterra e Corcubión únense por solidariedade

Fisterra e Corcubión únense por solidariedade
Gala Solidaria en Corcubion

O vindeiro sábado 21, ás 6 da tarde, terá lugar a "Gala Solidaria" a prol da Asociación "Obra Social Nosa Sra. do Carme" de Fisterra, organizada pola Universidade Popular de Corcubión. Para acudir a devandita gala están á venda entradas­-donativo así como "petos fila 0" para aquelas persoas que non poden acudir á gala e, aínda así queren colaborar.

Na gala haberá cantareas, música, marionetas, contos e contacontos e moita solidariedade.

Bonos­-donativo e petos

Podes axudar cun bonodonativo nos seguintes puntos:
  • Fisterra: Supermercado Covirán “O Cruce“, Farmacia "Val", Na propia entidade "Nosa Sra do Carme" e Bodegón Anchoa.
  • Cee: Café­ Bar "Central" e Pastelería­ Confitería "Silvia".
  • Corcubión: Kiosco "Rosalía", Chuminadas "O Rollo" e Bar "Suiza".

E podedes facervos cos vosos petos en:

  • Fisterra: Farmacia “Val” e Supermercado Covirán “O Cruce“.
  • Cee: Pastelería­ Confitería "Silvia".
  • Corcubión:  Estanco “Astrid” e Mercería Lola.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios