As 5 pílulas radiofónicas de Filosofía para veraneantes xa na rede
Se no Nadal te perdiches a emisión radiofónica dos V Encontros de Filosofía para Veraneantes dedicados a "Pensarmos na fenda da pandemia" agora xa os podes escoitar na rede. A Universidade Cromática das Virtudes ofrece no souncloud os 5 programas que saíron polas ondas da Radio Roncudo (no blog e no 106.1 FM nas terras de Pondal) e radiONeria (no blog e na 107.8FM nas terras de Fisterra) durante este nadal.
Guiados por Miguel Vázquez Freire (que abriu esta fiestra de aire limpo nas radios costeiras) e María Bella, pasaron polas ondas Carme Adán e Borja Santiago; Eva Garea e Ricardo Rodríguez; Sergio Cernadas, Sara Domínguez e Fidel Juan Blanco; Pablo Jarauta e Mon Búa; e Javi Turnes, Jazmín Rincón, Federico López e Ignacio Castro.
Aquí podes atopar os 5 programas xuntos, e aquí vos deixamos un par deles:
Podedes atopar máis pezas filosóficas tamén en O Moucho Voa, o programa de Miguel Vázquez Freire na radio municipal de Corcubión.
NOVAS RELACIONADAS
- A pandemia pénsase nas radios irmandadas da Costa da Morte.
- Miguel Vázquez Freire converte as súas píldoras filosóficas nun novo programa de radio.
- Miguel Vázquez Freire e María Bella reflexionan sobre como “achegar a filosofía á xente”.
- As mulleres copan a palestra do IV Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión.
- 2018: Corcubión, ou a illa paradisiaca de veraneo onde desconectar sumerxíndose na arte de pensar.
- Corcubión enche a Capela do Pilar de reflexións.