A ANPA Alén proporá no pleno de Corcubión a instalación dunha cociña de xestión directa para o CEIP Praia de Quenxe
Xa avisaran hai un mes, e este pasado venres, acolléndose Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Corcubión, a ANPA Alén fixo entrega dunha moción sobre a situación do Comedor Escolar no Colexio Praia de Quenxe para tratar no pleno de Corcubión deste mes de marzo.
Aseguran que son moitas as “queixas, reclamacións e demandas que as nais e pais do alumnado do Colexio Praia de Quenxe de Corcubión pola situación do actual servizo de comedor no centro educativo respecto á calidade dos menús que alí se serven por medio de servicio de catering actualmente xestionada pola empresa ALSAGA, S. L.U.”
Pensan ademais que “o sistema de catering, na nosa opinión, non é o medio máis axeitado para que os menús elaborados cheguen nas mellores condicións de sabrosidade, textura e perfecta cocción que merece o noso alumnado para unha correcta alimentación saudábel rica en variedade e por conseguinte rica en vitaminas, proteínas etc... necesarias para un desenvolvemento óptimo dos nosos fillos e fillas”.
Por iso, e considerando que é “un dos mellores centros da comarca dotada de equipamento”, solicitan a instalación dun Comedor de Xestión Directa no centro de ensino corcubionés. Un feito que sería ademais “un atractivo máis para incentivar a matriculación.
Novas relacionas
- ANPA Alén pide unha cociña directa no cole de Quenxe.
- Abril 2015: Corcubión xa se rixe por un Regulamento de Participación Cidadá.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).