Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A CIG pide de novo ao Concello de Corcubión que abonen os atrasos á traballadora readmitida

A CIG pide de novo ao Concello de Corcubión que abonen os atrasos á traballadora readmitida

A CIG vén de dirixirse novamente ao Xulgado do Social número 1 de A Coruña para que requira ao Concello de Corcubión a "identificar á persoa que está a impedir, dende hai máis de un ano, a execución da sentenza pola que se condenou á institución municipal a readmitir a unha traballadora e abonarlle os salarios de trámite".

A resolución xudicial, ditada en marzo de 2009, obrigaba ao Concello a readmitir a unha traballadora, e delegada da CIG, así como a abonarlle as contías correspondentes aos salarios de trámite, que ascenden a 3.600 euros máis os intereses. A afectada recuperou o seu posto de traballo, mais case dous anos despois segue agardando polo cobro das cantidades adebedadas.

Segundo sinalan, "os servizos xurídicos da CIG en A Coruña dirixíronse ao xulgado para solicitar a execución do pago das contías en marzo de 2010 e dous meses despois, o xulgado despachaba a orde de execución contra o Concello. Orde que a entidade local segue sen aplicar", denuncian.

Ante esta situación, "a central sindical pediu novamente a execución do pagamento en decembro do pasado ano, pero ademais, solicitouse ao xulgado que requira ao Concello a identificar ao funcionario/a concreto ou cargo electo que está a impedir a execución xudicial".

Novas relacionadas

Fonte

  • Gabinete de Comunicación CIG.

Comentarios