Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Corcubión bótase "Polo Chan" na TVG tralo Nadal Deportivo

Corcubión bótase "Polo Chan" na TVG tralo Nadal Deportivo
O Concello de Corcubión foi seleccionado para participar no programa da Televisión de Galicia “Polo chan”. Trátase dun concurso baseado en xogos de axilidade e destreza física ó aire libre simulando un pequeno parque temático rural onde 16 equipos de 10 integrantes, representado por distintos Concellos, deberán competir por chegar a final. Os concellos seleccionaran un equipo formado por 15 persoas para participar na xincana, ademais dunha charanga e un pequeno público para animar nas probas. Así que se tes máis de 18 anos e interésache participar ponte en contacto nas oficinas do Concello, no Pavillon Polideportivo ou chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.

Escola Municipal de Vela

Lembren que aínda se poden inscribir na Pioneira Escola de Vela en Corcubión. Poden facelo nas oficinas do Concello corcubionés.

Campionatos de Nadal

E aproveitamos para felicitar aos gañadores dos concursos do Nadal Deportivo de Corcubión, que se disputaron durante as vacacións no pavillón corcubionés:

Baloncesto 3x3

  • Categoría Absoluta: Iago Lema, Alán Ínsua, Borja Santiago.

Tiros libres

  • Absoluta: Javier Domínguez (segundo ano consecutivo).
  • Sub-16: Marco Gonzalez.

Frontenis

  • Categoría Absoluta: Marcos Agulleiro.
  • Categoría sub-16: Marco Gonzalez.

Tenis de mesa

  • Categoría bsoluta: Pedro Domínguez.
  • Categoría sub-16: Juan Fuentes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.
  • Fotos e información do Torneo de nadal de Jorge Domínguez.

Comentarios