A Universidade Cromática das Virtudes achéganos de novo Voces da periferia
Esta mocidade cromática está a outro nivel. As actividades que prantexa a Universidade Cromática das Virtudes sempre teñen unha visión pouco habitual na bisbarra, pero que serven para situala no centro do pensamento galego.
Desta volta, os corcubioneses invíntannos a participar no segundo encontro das "Voces da Periferia". Un compendio de charlas, proxeccións e coloquios que se terán lugar este sábado 9 e domingo 10 de febreiro de 2013 na A Capela do Pilar, o novo espazo cultural de Corcubión.>
Nesta ocasión farase unha achega á problemática política e económica actual poñendo o acento nas limitacións do sistema capitalista e da democracia e, sobre todo, reflexionando en torno ás novas propostas que xorden na periferia do pensamento hexemónico.
A banca ética, a primavera árabe, así como a análise de textos de Negri, Foucault ou Santiago López serán algúns dos temas a tratar.
Máis información
Novas relacionadas
- O pensamento copa Corcubión.
- Música e maxia na capela do Pilar.
- A Capela do Pilar, o novo espazo cultural de Corcubión.
- A mocidade cromática fai escoitar o seu Thaumazein.
- A Costa da Morte volve situarse na vangarda do pensamento.
- A mocidade sácalle as cores a Corcubión.
Fonte
- UCV.