A veciñanza de Corcubión recupera o Entroido da Sardiña para a sesión vermú

Se non o fai o pobo, non o fai ninguén. Con esa proposta, a veciñanza de Corcubión prantéxase, de xeito espontáneo, recuperar o Enterro da Sardiña, un clásico dos tradicionais Enterros da Costa da Morte.

A cita será de sesión vermú, o sábado 21 de febreiro ás 12:00h na Praza Castelao, para así non pisar as comparsas do Entroido de Cee (van xente de Corcubión) ou o derbi galego.

A pobre Dona Sardiña finou un mércores de cinza do 2008, e dende aquela non soubemos máis dela. Agora, a comitiva fúebre sairá da casa mortuoria da praza, facendo un acompañamento polas tabernas e rueiros da parroquia de San Marcos…

A troula, asegurada.

Novas relacionadas

Entroido 2015

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).