Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os coles, os primeiros en estrear o Entroido

Os coles, os primeiros en estrear o Entroido
Os Peliqueiros e Vergalleiros tomaron o CEIP Praia de Quenxe-Foto-ANPA Alen

Arrinca o Entroido 2015 na Costa da Morte. Xa sabedes que tendes, a golpe de click, todos os programas de Entroido dos Concellos da Costa da Morte. Pero quen son os primeiros en disfrazarse? Os peques, claro!

Xa o ano pasado estreamos o entroido dende os Coles, e hoxe facemos o mesmo, visitando varios centros da volta.

Os peliqueiros invadiron Corcubión

Peliqueiros en Corcubion-Foto-Anpa Alen Non sexas trapalleiro Pon careta de Peliqueiro

Fantástica a iniciativa da ANPA Alén, do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Quixeron levar o Entroido máis auténtico de Galicia, o ourensán, aos seus fillos. E o fixeron a través dun interesantísimo caderno didáctico, feito por OZOCOGZ, onde os peques deron un pequeno repaso ás nosas raíces festexeiras pintando e xogando.

Ademais, repartiron carautas de Peliqueiro e Vergalleiro a todo o alumnado, que o pasaron de medo…


Master Brens Junior

Que boa idea!! Os peques de Brens quixeron render unha homenaxe á súa veciña, a xa mítica Anita Oca. E por iso a comparsa dos cativos chamouse “Master Brens Junior”. Cantaron e bailaron varias cancións con referencia á cociña e ás comidas como "Larpeiros", "O boogie da cociña", "A teteira"... E o venres tocaba gran baile de disfraces con merendola.

Os Master Brens Junior no Entroido CIP A IGREXA Brens
O Eugenio López no centro de Cee Cocineiros do Euxenio Lopez-Foto-Rafa Quintans

Tamén o CEIP Eugenio López quixo celebrar o Entroido na mañá sabatina no medio e medio de Cee.

As mestras do Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans Ambiente na mana do sabado en Cee-Foto_Rafa Quintans

Aprendendo a escoller Perrucas de Muros

Obradoiro de Mascaras en Muros

A Escola Galega de Consumo visitou o Concello de Muros no marco do “Obradoiro Entroido 2015 Disfraces, Perrucas e Máscaras, Como escollelos?”. Un obradoiro no que os alumnos de Primaria (5º e 6º) analizaron as normas de seguridade tanto de máscaras como de disfraces e outros complementos do Entroido, comprobando e analizando en primeria persoa a súa peligrosidade,materiales tóxicos, inflamables... tamén coñeceron produtos que se retiraron do mercado e o por que.

Sen dúbida, á hora de mercar algún complemento para este Entroido, os nosos pequenos, estarán máis atentos.

Mascaras muradans para o Entroido

Na Biblio de Malpica

De chinos na Biblio de Malpica

Tamén celebraron o Entroido na ludoteca municipal. Os nenos e nenas, e as súas mamás, disfrazáronse de chinos. Debido ao mal tempo tiveron que acurtar o desfile polas rúas do pobo e remataron cunha degustación de doces típicos de Entroido elaborados polas familias.


Abrindo o Entroido fisterrán

Os peques de Mar de Fora abriron o Entroido mais tradicional-foto-Dario Gomez

Foron os cativos do CEIP Mar de Fóra os encargados de abrir o entroido máis tradicional da Costa da Morte, o de Fisterra. Hoxe sábado toca desfile, no que coñeceremos os traxes das comparsas que o martes competirán por ser a máis retranqueira da volta.

Cativos do CEIP Mar de Fora no Entroido de Fisterra-Foto-Dario Gomez

Por Corme, con brocha fina

Os peques de Corme de pintores de brocha fina-Foto-Fin Lema

Saíronnos artistas as crianzas do CPI As Forcadas de Corme. Nada de brocha gorda, paleta, gorrito e a pintar cadros como o mesmo Picasso!

Peques do CPI As Forcadas de Corme-Foto-Fin Lema

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios