Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un entroido moi bailongo en Vimianzo

Un entroido moi bailongo en Vimianzo
Entroido de Vimianzo 2015 - Thriller Bainas Entroido de Vimianzo 2015 - Michel Antelo

Non puido a chuvia coas gañas de festa da xente de Vimianzo. O Pavillón ateigouse de xente, algo menos que nos últimos anos, certo é, para o Concurso de Comparsas e Disfraces do concello vimiancés, no que as coreaografías foron as protagonistas. Precisamente foi a intención do xurado premiar os bos bailes, e por iso quedaron sen premio uns que, de seguro, o merecían, como son toda esa xente da Trubisquiña, que xuntaron a máis de 100 perfectamente engalanados pitiños. Iso si, bótase de menos algo de retranca, algo de copla meténdose co alcalde, co goberno...

Non houbo pasarrúas, polo que foi o gran Míchel Antelo, ese home que está en todas, o que abría o entroido como presentador. O Pavillón convertiuse en todo tipo de escenario… Non deron chegado os maiores de Xeriatros, debeu ser polo tempo, así que foron os Pastores os primeiros en convertir o pavillón nun cortello, e de paso criticar, nunha montaxe de cine mudo, a actuación do Seprona ante as aparicións do lobo. A verdade é que o fixeron moi beeeeeeeeeen, como abalou o director da gala.

De cortello a praia. Divertídisimos os “Vaya, vaya Aquí no hay playa”, con “morenasas” facendo oídos xordos á chuvia… Foron, de feito, os Gañadores do Concurso de Grupos, e esperan “a ver se o alcalde monta unha Festa da Praia, que co pequena que é a enchemos seguro”…

Entroido de Vimianzo 2015 - Aqui no hai Playa foi o Mellor Grupo Entroido de Vimianzo 2015 - Un mundo pequeno

Susana, a que tanto a liou coas Danzatecas nos últimos anos, pero que este estivo algo máis alonxada, levounos ata “Un mundo pequeno”, con fermosos traxes de ananitos e trolls. Aínda así, notouse o toque da mestra de baile porque ver a eses pequenos champiñóns bailar tan ben, daba gusto.

Divertido foi o death-dance das Ranitas de Baíñas; engalanadísima a familia Palomita (que levou un premio no Infantil); vimos ata un poni levando ás “Jinetas griegas”, e mesmo case toca comer un cocido… menudo chourizo máis apetecible!! Entrou o Corral dos Pitiños que tamén estaban bailongos, pero para bailongos os UpTown Funk, que mereceron o seu Premio ao Mellor Grupo Local por unha coreaografía fantástica.

Entroido de Vimianzo 2015 - Bailongos de Uptown Funk levou Premio ao Mellor Grupo Local

3 fantásticas comparsas

Entroido de Vimianzo 2015 - Rio Rock

Igualadísimo estivo este ano o concurso de Comparsas. De feito, e casualidades da vida, co empate na man entre os membros do xurado (formado por José Manuel Ramos do Correo, Manuel Rey de RadioVoz, Ali Camiño da Nordés e Ubaldo QPC, vestido, por certo, de runner ao máis puro estilo vimiancés), , foi o “pitopito” o que decantou o segundo premio, deixando aos Río Rock, da Trubisquiña, sen premio. E iso que era unha comparsa enorme, con máis de 100 rapaces e mozos involucrados, por iso tamén queremos loubar o se traballo.

Pero a fortuna sorriulle aos membros da Axvalso, que montaron un festón coa caravana do Orgullo Gay que case lle dan a volta ao pavillón… Para eles foi o Premio Local polo seu festón irmandiño.

Campións quedaron os “Thriller Baiñas”, en clave do mítico vídeo de Michael Jackson. Parecían de Walking Dead, pero en canto comezaron a bailar xa nos dimos conta que a cousa estaba moi preparada, e para o vindeiro sábado, no Entroido de Baíñas, seguro que dan que falar. En todo caso, ollo cos problemas do cemiterio… que poder erguerse máis mortos…

Entroido de Vimianzo 2015 - Feston do Orgullo Gay Entroido de Vimianzo 2015 - Ranita e Thriller Bainas Entroido de Vimianzo 2015 - O alcalde Manuel Antelo ten retranca tamen Entroido de Vimianzo 2015 - Corralito Entroido de Vimianzo 2015 - Cocido con delicioso chourizo Entroido de Vimianzo 2015 - A Atraccion Mellor Disfraz Individual Entroido de Vimianzo 2015 - As Palomitas Entroido de Vimianzo 2015 - A charanga

Volveremos!! correndo…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios