Fisterra afía a copla para a gran cita do Entroido



Xa difrutamos do entroido por Vimianzo, Laxe e Dumbría, despois claro de estrealas máscaras nos coles. E tamén estivemos na apertura do entroido fisterrán, con ese Desfile sabatino tan xeitoso. E hoxe, martes 17 ás 18:00h no Pavillón, chega unha das grandes citas: o Concurso de Comparsas de Fisterra.
E sabemos de boa tinta que este é unha das citas claves, porque despois de 8 anos participando como xurado, e despois de coñecer outros entroidos da volta, é en Fisterra onde a copla ten o berce máis quentiño. Esas actuacións que parecen un musical de Broadway ou un TV Late Night Show, con media de bailee retranca, son espectaculares. Como espectacular é ver como alcalde e corporación municipal aguantan o tipo, con nariz de paiaso posta, ante a barbaridades que lles soltan os protagonistas…
Estamos desexando velo e disfrutalo!
6 comparsas
Xa saben que teremos 6 comparsas pelexando polos 1.500€ do primeiro premio, 1.200 do segundo e 900€ do terceiro. Co relevo feito o ano pasado, teremos 3 comparsas fisterrás, sempre as máis afiadas. Repetirán os ”Tortugas y Peces”, actuais campións. Estarán tamén os peques “Los niños del coro”, que trala súa fantástica estrea do ano pasado queren demostrar que a copla fisterrá ten futuro. E este ano tamén toca estrea “Os da Charca”.
Os visitantes xa son habituais, e estarán “Decirconada de Gures”, que xa gañaron en Muxía; “Os de Lires” en clave política, e “Buxantes Calidade”, que vén de gañar o Entroido da súa casa, o dumbriés.

O Polbo
Pero ollo que non será a última cita do entroido fisterra. O sábado 21, a partir das 17:00h, volverá a celebrarse o mítico Enterro do Polbo. A comitiva fúnebre partirá do porto dirección á Praza da Constitución, onde se celebrará, a partir das 18:00h, o funeral. De aí ao porto de novo, finalizando na praza da Ribeira, onde se procederá á queima e ao enterro.
Entroido 2015
- Un entroido moi bailongo en Vimianzo.
- O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe.
- Un entroido de Circo en Dumbría.
- Os coles, os primeiros en estrear o Entroido.
Máis novas
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- 2014: O Entroido de Cee batíu marcas de participación e retranca.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- Entroido Fisterra 2010: Fisterra, Único Final do Entroido.
- Entroido Fisterra 2009: Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte.
- Entroido Fisterra 2008: Puro teatro!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).