Sábado. 27.04.2024
El tiempo

#25N: “O amor non é a hostia”

25N en Corcubion Obradoiro
#25N: “O amor non é a hostia”

Singular o lema escollido para a campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero polo alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Camiño do Solpor IV”. O Obradoiro dual (en ioga e promoción turística) que promoven os concellos de Dumbría, Cee e Corcubión fixo un parón na súa formación para realizar unha concentración este mediodía de xoves 25 de novembro ás portas da Casa do Concello de Corcubión.

Para este acto o alumnado-traballador aportou un traballo artístico para afondar na necesidade de concienciar á sociedade local na loita contra esta lacra. A concentración á que asistiron traballadores, membros da corporación municipal, da Deputación da Coruña amais da veciñanza, comezou cun manifesto lido pola tenente alcaldesa Manola Fernández Louro no que recalcaba o aumento exponencial das chamadas ao 016 ao longo deste ano 2021, rematando cun minuto de silencio en lembranza de todas as vítimas.

Axenda do #25N na Costa da Morte

Outras novas

Comentarios