Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#25N: “1 de cada 4 persoas da Laracha teñen coñecemento dalgún caso de violencia machista na súa contorna”

25N Laracha
#25N: “1 de cada 4 persoas da Laracha teñen coñecemento dalgún caso de violencia machista na súa contorna”

”A Laracha fronte ás violencias machistas” é o lema municipal co gallo deste 25N. O Concello artella un programa qye xa comezou esta pasada fin de semana, cun contacontos infantil, e a instalación dun punto violeta na feira de Paiosaco, ao igual que farán coa feira de Caión (hoxe martes) e o propio 25 na Laracha.

Ademais, o xoves organizarase unha dobre actividade, consistente nunha andaina de ida e volta entre A Laracha e Paiosaco (5,5 km) e, a continuación, a proxección do documental Volar -con posterior charla-coloquio a cargo de Nerea del Campo Aguirre e Arrate Ramírez Baglietto, dúas das súas protagonistas- no que nove mulleres cun pasado de violencia de xénero relatan en primeira persoa as súas experiencias e o seu percorrido vital.

Ademais, tamén se inclúe neste programa a función do 26 de novembro dos Venres Teatrais. Comando Comadres un espectáculo en clave de humor para o público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais. A montaxe é producida por Matrioshka Teatro e escenificada polas actrices Anabell Gago, Chelo do Rejo e María Ángeles Iglesias.

Plan de Igualdade

Estes días o Concello dá conta dos resultados da enquisa realidade na elaboración do IV Plan de Igualdade. Unha enquisa que sinala que “1 de cada 4 persoas teñen coñecemento dalgún caso de violencia machista na súa contorna, pero moi poucas desas persoas saben como axudar”.

Nese sentido, animan á xente a non quedar calado, a non ser cómplice, e a denunciar.

Novas relacionadas

  •  

Comentarios