xoves. 08.05.2025
El tiempo

As familias de Corcubión reciben unha charla de prevención de drogas

As familias de Corcubión reciben unha charla de prevención de drogas
Xornadas-prevencion-drogas-para-pais-e-nais-en-Corcubion

Continuando co traballo de prevención de drogodependencia que dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Corcubión se está levando a cabo no CEIP Praia de Quenxe e no IES Fernando Blanco con obradoiros de prevención para a infancia e mocidade, este vindeiro venres, 15 de marzo, ás 19:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello terá lugar unha charla informativa destinada a pais e nais e que será impartida pola Garda Civil María Janeiro e polo Presidente da Asociación Antidroga Vieiro de Carballo, José M. Vázquez.

Ámbolos dous poñentes nos informorán, dende os seus coñecementos e experiencias, sobre o que debemos saber os pais e as nais ao respecto do consumo por parte da mocidade, de drogas en xeral e do consumo de alcohol en particular.

Uns pais que poderán continuar a súa formación cas Xornadas que artella a Fedanpa en Baio ás 21:30h.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios