Outro barco de Corcubión acaba nas pedras

Este luns outro barco acababa nas pedras de Santa Isabel

Este luns anunciabamos a creación da Plataforma "Porto si, Mortos non". A cidadanía corcubionesa mobilízase para a construción dun porto mixto na vila de San Marcos, que evite que cada temporal acabe algún barco nas pedras.

Unha constante nos últimos anos ata o punto que o propio luns outra embarcación acababa nas pedras da zona de Santa Isabel.

Dende o goberno municipal van presentar varias enmendas aos Orzamentos da Xunta para 2023 pedindo que se inclúa unha partida de 1.4 millóns de euros para o Porto deportivo da ría de Corcubión, actuación aprobada e presentada oficialmente en Corcubión polo presidente Touriño e paralizada tan pronto como chegou ao goberno o PP de Feijoo.

 

Sucesos

Novas relacionadas