O PSOE de Corcubión presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta e pide case 3 millóns de euros para

09:35 02/11/22
Se o PSOE da Costa Atlántica lamentaba a ”falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía”, hoxe é o PSOE corcubionés o que vai un paso máis alá e asegura que vai presentar enmendas a través do Grupo Parlamentarios.
A realidade é que os presupostos apenas inclúen unha partida de 17.000€ para o Porto de Corcubión, “insignificantes en relación ao gasto necesario para evitar que os barcos vaian ás pedras continuamente, e para iniciar o tan prometido porto deportivo”.
Así, o grupo socialista local vai pedir os seguintes proxectos:
- 500.000€ para a humanización da Praza de Castelao.
- 1.400.000€ para o Porto deportivo da ría de Corcubión. Actuación aprobada e presentada oficialmente en Corcubión polo presidente Touriño e paralizada tan pronto como chegou ao goberno o PP de Feijoo.
- 250.000€ Para a posta en marcha do Centro de día comarcal.
- 500.000€ para novas decantadoras para o rural.
- 100.000€ para beirarrúas no núcleo de Amarela ao paso da AC-445.
Novas relacionadas
- O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía.
- Socialistas de Bergantiños critican a falta de investimento na comarca.
- Socialistas de Coristanco e Malpical lamentan a falta de investimentos nos Orzamentos da Xunta.
- O BNG critica que os Orzamentos da Xunta inclúan partidas repetidas dende hai 12 anos.
- Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.