Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Repaso ás numerosas incendencias que a #BorrascaMiguel deixou en pleno mes de xuño

A borrasca Miguel deixou numerosas incidencias, como esta árbore caída en Muxía-Fotos-Protección Civil
A borrasca Miguel deixou numerosas incidencias, como esta árbore caída en Muxía-Fotos-Protección Civil
Repaso ás numerosas incendencias que a #BorrascaMiguel deixou en pleno mes de xuño

”Que Miguel nin que Miguel, un temporal dos de toda a vida”, sinalaba onte un dos membros de Protección Civil. É que a moda de poñerlle nome aos temporais aínda non cala na zona. Pero o singular da Borrasca Miguel foi que estamos en pleno mes de xuño e deixou valores semellantes aos de inverno.

Leva arransado o norte da península e volvía entrar pola Costa da Morte, pero as incidencias foron dispares. Notouse en Muros, subiu por Corcubión, Muxía… e parece que se meteu no interior cara zonas como Vimianzo, Zas, Santa Comba, safando lixeiramente o norte da bisbarra, segundo nos informaron membros de Protección Civil de todo a zona.

As cifras que deixou Miguel foron dos importantes de Galicia, alcanzando os refachos de vento 126km/h en Vimianzo, 112 en Carnota, 102 en Camariñas. En canto á chuvia, volveu ser a estación de Fontecada (Santa Comba), a que rexistrou máis cantidade de auga de toda Galicia, con 75,6 l/m2, polos 42 en Coto Muíño (Zas) .

Facemos así un repaso polas numerosas incidencias que tiveron lugar pola zona, coa axuda das bravas xentes de Protección Civil, agradencendo antes que nos contásedes nas redes sociais que tal estaba entrando Miguel nas vosas terras:

O mar volve a bater Corcubión

Borrasca Miguel-Rescatando unha lancha en Corcubion

Parece unha ría tranquila, pero en canto o mar de se pon algo bravo, as embarcacións sofren. Como pasara no mes de maio, unha barca auxiliar acabou nas pedras de Santa Isable, Foi José Domínguez, o expatron maior da confraria, quen dou a voz de alarma ao propietario a eso das 11.00 da mañá. E el mesmo foi coa sua lancha auxiliar a rescatala, pero o tempo e as forza do mar non o permitiron polo que tuvo que atar un cabo o barco para poder arrastrala.

Tamén en Corcubión, membros de Protección Civil, tiveron que acodir a recoller varias árbores caídas, como unha figueira sobre unha casa en Amarela, onde arrastrou ademais os cables da luz. O vento levou un portal dun cortello de madeira na mesma parroquia, e provocou que numerosas ramas entorpecesen o Camiño.

Borrasca Miguel-Arbore caida en Amarela-Corcubion

Santa Comba

Borrasca Miguel-Arbores caidas en Santa Comba

As chuvias provocaron varias incidencias na rede viaria do Concello xalleiro, tales coma caídas de árbores (San Cristovo) ou unha saída de vía en Padreiro con ferido leve.

Muxía

Borrasca Miguel-Arbores caidas en Muxia

Os membros de Protección Civil de Muxía tamén se tiveron que traballar para recoller árbores caídas en Frixe, no adrio da Igrexa; así como na estrada CP-3403 en Vilarmide, emais en Berdeogas.

Muros

Borrasca Miguel-Campo Miraflores

Así deixou o temporal o campo de Eleuterio Balayo en Miraflores. Ademais algunha embarcación se soltou do amarre polo forte temporal de mar.

Mazaricos

Varias árbores caídas foron as incidencias no concello de Mazaricos.

Borrasca Miguel-Arbore caida en Mazaricos

Novas relacionadas

Comentarios