Luns. 09.12.2019
El tiempo

Corcubión espera a aprobación do porto mixto

Imaxe aerea do porto de Corcubion
Imaxe aerea do porto de Corcubion
Corcubión espera a aprobación do porto mixto

Leva Corcubión pedindo moitos anos a creación dun pantalán para embarcacións de recreo. Unha posibilidade que sería un gran paso para o turismo da comarca de Fisterra, Un especialista como Marcos Trillo, de Cataventos e da da Marina Muxía, recoñece que o sector náutico ten aínda moito que crecer”, e a creación de novos portos en Corcubión ou Fisterra (como levan pedindo os veciños dende hai anos), sería un gran empurrón.

En ten moito sentido analizando as distancias, pois as travesías dende Coruña, poden ter unha parada no fondeadoiro natural de Corme, outra en Muxía e Camariñas, e outra an ría de Corcubión ou Fisterra, antes de ter que tirar ata Muros, pois son estas tres as únicas que teñen infraestrutura oficial.

Xa pasan 10 anos daquel proxecto que presentara o alcalde socialista Chisco Lema (na imaxe inferior), que intentou recuperar o grupo socialista en 2017. Un proxecto que incluiría un porto deportivo na zona da Vila, aproveitando o mítico peirao de Gallina Blanca, a empresa que lle deu nome á zona tras instalase nun lugar onde o carboneo foi a actividade durante décadas.

Esa mesma proposta foi levada pola Confraría de Corcubión e polo Club Marítimo Carrumeiro a Portos de Galicia, pero a necesidade dun investimento demasiado grande, e un estudio de viabilidade pouco favorable, fixo virar as peticións ás entidades.

Porto Mixto, unha posible solución?

Deste xeito, e dado que o porto de Corcubión non ten sitio abondo para poñer novos pantaláns para embarcacións deportivas, a idea xurdida entre o ex patrón maior, José Domínguez Buiturón, e o CM Carrumeiro, foi propoñer á Conselleira do Mar a creación dun porto mixto, que compartiría a flota pesqueira de baixura xunto coas embarcacións deportivas.

Hai poucas semanas da última reunión e “a Conselleira comprometeuse a que o proxecto estaría en marcha de xeito inmediato, se ben aquel día é certo que Portos aínda non comezara a redacción do proxecto”, explica o presidente do Club Marítimo Félix Quinteiro.

A idea é construir unha prologación do porto actual, alongando dende a cara norte (xusto onde está o guindastre) un espigón que saia en dirección á Sicar. A flota grande de pesca trasladaríase ata ao este, e o oco que deixa sería para que o Carrumeiro pedise a concesión dos pantaláns, explícanos o presidente.

Dende o pósito tamén propuxeron a posibilidade de ampliar un espigón, pero na cara sur do porto, aproveitando a zona de atraque como zona máis abrigada.

”Todo sempre que se solventen os asuntos medioambientais, que iso é o máis importante”, lembra Quinteiro”, pero “a confraría e Club e estamos dacordo e esperamos solventar todas as causísticas”. “Estamos seguros que, indo lento, o Club vai ter o porto mixto, que estamos pedindo, acompañados polos profesionais do mar”, comenta esperanzado.

Con todo, algúns profesionais do sector consideran que a solución do porto mixto podería ser un caramelo envelenado. Sinalan que non tan doado traballar nun porto mixto, porque en principio non habería unha concesión nin, polo tanto, ningún traballador que se ocupase de coordinar, de cobrar, de controlar aos pasaxeiros extracomunitarios que chegan a porto como primeira escala, de ofrecer servizos…

Así e todo, a proposta parece que está enriba da mesa de Portos, e afrontar o seu estudo xa sería un paso adiante.

Novas relacionadas

Novas semellantes

Comentarios