Venres. 29.03.2024
El tiempo

Afunde unha embarcación no porto de Corcubión

Afunde unha embarcación no porto de Corcubión
En menos dunha semana tres embarcacións tiveron serios problemas en aguas da Costa da Morte. A última delas afundiuse esta tarde no porto de Corcubión. Según informan dende o 112, a embarcación - duns seis metros de eslora - foi a pique despois de soltarse do seu amarre e bater contra o paseo marítimo da praia de Santa Isabel. No momento no que se produciron os feitos non había ninguén no interior do barco. Os servizos de emerxencias recibiron o aviso dos efectivos de Protección Civil da localidade ás 14:45 horas de hoxe. Salvamento Marítimo decidiu mobilizar ata a zona a embarcación Don Inda. Así e todo, o pesqueiro acabou afundindo por completo. Rescate en Laxe   rescate-don-inda-laxe O Don Inda remolcou a embarcación ata o porto de Laxe Tamén onte o equipo de rescata de Salvamar Altair tivo que asistir ao pesqueiro Gonçalves Zarco que quedou sen máquina e derivando cara terra. Os equipos de rescate remolcar a embarcación a Laxe. pesqueiro Gonçalves Zarco laxe O pesqueiro Gonçalves Zarco quedou onte sen máquina nas costas de Laxe Novas relacionadas Fonte

Comentarios