Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Outro barco ás rochas de Santa Isabel

A Grua La Paz recuperando o Ximpron
A Grí8a La Paz recuperando o Ximpron
Outro barco ás rochas de Santa Isabel

Esta mañá de mércores 8 de maio, outro barco de Corcubión amenceu nas pedras. Os temporais de mar e vento provocan todos os anos algunha desfeita semellante, e este 2019 non foi menos. O Ximprón, con base en Corcubión, e de patrón fisterrán, foi ás pedras de Santa Isabel debido á forte mar que batiu o porto da vila de San Marcos.

”Sorte que saíu ao primeiro golpe”, sinalou o ex patrón maior José Manuel Buiturón, un dos encargados de remolcar a embarcación de baixura.

Agora, despois de ser izada pola Grúa La Paz, tocaralle pasar polo asteleiro antes de volver á mar.

Unha grave situación para o armador, que agora terá que mandar ao paro aos seus traballadores (el tamén pode pedilo) mentres se leva a cabo a reparación. Unha reparación da que, probablemente se fará cargo o seguro, pero para a que as administracións non contemplan ningún tipo de axudas.

O barco Ximpron as pedras de Santa Isabel
Así batiu nas pedras o Ximprón do portiño de Santa Isabel

Novas relacionadas

Comentarios