Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG recolle sinaturas en Corcubión contra a “estafa da suba da luz”

BNG recollendo sinaturas en Corcubion 1
O BNG recolle sinaturas en Corcubión contra a “estafa da suba da luz”

Este pasado fin de semana, o BNG de Corcubión montou unha mesiña informativa na Praza de Castelao para recoller sinaturas entre a cidadanía de cara a presentar reclamacións ante a Consellería de Economía contra a subida da luz. Unha colleita enmarcada na campaña que o BNG está realizando contra o espolio da nosa enerxía e o incremento do recibo da luz, que ten por lema "O espolio da nosa enerxia saenos moi caro. A suba da luz é unha estafa”.

Para o BNG “é unha vergoña: Galiza, produtora de enerxía eléctrica (que tamén nutre a outras partes do Estado) é penalizada, ademais de polo grave impacto económico e social, pola súa propia condición de potencia produtora, mentres Madrid, deficitaria en enerxía eléctrica resulta máis beneficiada”, sinala lembrando que ademais, que “no noso país temos salarios e pensións dos máis baixas do Estado”.

Entenden como unha “lóxica humillante da estafa e do espolio permanente” o feito de que “o Goberno español penaliza a quen produce (Galiza), e beneficia a quen consome”.

BNG recollendo sinaturas en Corcubion

As propostas

Estas son as propostas que vai propoñer o BNG:

  • ”Unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz para as galegas e galegos, en beneficio de consumidor@s particulares e das nosas empresas.
  • Baixada do IVE na factura eléctrica, do actual 21% ao 4% (superreducido), e eliminación do imposto espacial da electricidade.
  • Garantir a subministración eléctrica a toda a poboación.
  • Creación dunha empresa pública galega de enerxía. Inicialmente integrando os encoros que remataron o período de concesión, así como a participación noutros ámbitos de xeración de enerxía para a socialización dos beneficios.

Comentarios