Calcinada unha vivenda en Corcubión
16:30 29/01/15
Corrían as 14:00h cando comezaba a saír fume polas fiestras dunha vivenda na Rúa Peligros de Corcubión. Un veciño alertaba ao 112 dende onde avisaban aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil, á Policía Local e a Urxencias médicas, pero só por precaución. Afortunadamente, os propietarios non viven na zona, e non había ninguén na vivenda.
A casa ardeu na súa totalidade, e despois de refrixerar os bombeiros xa procederon a desemcombrar.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Marta Coronilla e Alex López.