A capela do Pilar proxecta este sábado tres curtametraxes sobre a África Lusófona
18:38 03/07/25
Este sábado, 5 de xullo, ás 20:00 horas proxectaranse na capela do Pilar de Corcubión tres curtametraxes de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau que abordarán distintas temáticas vinculadas coa realidade destes países.
"Olladas do Sur, cinema en curto desde a África Lusófona" é unha actividade que ten como obxectivo poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento e os proxectos do Fondo Galego de Cooperación na África lusófana. Unha vez rematadas as proxeccións, dinamizarase un coloquio mediante preguntas e escenas clave para fomentar a reflexión.