martes. 12.11.2024
El tiempo

Catro concellos da Costa Morte optan ás axudas para contratar persoal de turismo

Catro concellos da Costa Morte optan ás axudas para contratar persoal de turismo
Laxe é un dos concellos que está declarado como municipio turístico Laxe é un dos concellos que está declarado como municipio turístico Corcubión, Fisterra, Laxe e Muros son os únicos concellos da Costa da Morte que contan coa declaración de municipios turísticos e, por ende, son os únicos que poden solicitar as axudas convocadas pola Xunta de Galicia e publicadas no DOG do 27 de xaneiro para a contratación de persoal nas oficinas de turismo entre os meses de xuño e setembro. A través da Axencia Galega de Turismo, a Xunta apoiará cun total de 250.000 euros estas contratacións. O obxectivo, segundo explicou o delegado territorial Diego Calvo, é “colaborar cos concellos no impulso da súa oferta turística nos meses en que máis o necesitan”. Do mesmo xeito, salientou o esforzo económico que se realiza desde o goberno autonómico, que mantén íntegra a partida de anos anteriores, á vez que lembrou que “esta iniciativa naceu con este goberno, xa que ata entón eran os concellos os que asumían a totalidade dos gastos das súas contratacións”. Turismo de Galicia garantirá que reciban axudas todos os municipios que o soliciten e que cumpran coas condicións establecidas nas bases. Como novidade este ano salienta a flexibilidade da convocatoria, xa que a subvención concedida destinarase ás necesidades de cada oficina en particular. É dicir, que non hai límites para concentrar a contratación nun período de tempo determinado, sempre que sexa entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, nin para a xornada laboral das persoas contratadas, que si deberán figurar como desempregados no Servizo Público de Emprego de Galicia. O procedemento de concesión das subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva por rigorosa orde de entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. O prazo remata o vindeiro 27 de febreiro. Novas relacionadas Fonte

Comentarios