Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A CIG demándalle ao ISM que restabeleza o servizo médico do centro de sanidade marítima de Corcubión

ISM Corcubion
A CIG demándalle ao ISM que restabeleza o servizo médico do centro de sanidade marítima de Corcubión

Seguen os problemas no Instituto Social da Mariña de Corcubión. Foi en marzo de 2020 cando alertaban do posible peche da oficina que tanto servizo fai para arredor de 1.400 mariñeiros da comarca. Dende aquela non paran os recortes e as ameazas. A última circunstancia dase porque a praza médica está vacante e que o organismo non vai adoptar ningún tipo de medida para cubrila mentres non haxa oposicións.

O organismo estatal deixa así sen servizo de maneira indefinida aos mariñeiros e mariñeiras e materializa o que dende a CIG entenden como “un peche encuberto deste centro”.

Critica a CIG que eses 1.400 mariñeiros da zona terán que desprazarse para facer os recpñecementos médicos obrigatorios. “Estase a eliminar un servizo de proximidade que precisan os mariñeiros/as para realizar o seu traballo”, sinala Manuel Camiño, de COG Mar. Cómpre lembrar que "a constitución que utilizan como xustificación para intentar precarizar e eliminar o servizo, cando falan de principios de economía, eficacia etc., tamén fala no artigo 103.1 da descentralización e desconcentración da administración".

Así, a CIG pide unha “descentralización real e efectiva co traspaso de competencias do ISM á Xunta e que sexa este organismo, a través do Servizo Galego de Saúde, quen ofreza un servizo de calidade seguindo os principios de accesibilidade, eficacia, celeridade e proximidade”.

Tamén o BNG no Parlamento

Ao mesmo tempo, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou este martes 30 de xaneiro na Cámara Baixa unha serie de preguntas por escrito dirixidas ao goberno central.

 

O candidato do BNG da costa da Morte, Oscar Insua, manifestou que “non podemos permitir que todos os anos pase a mesma leria. A xente do mar non pode estar coa incertidume do que vai pasar e menos ter que desprazarse á Coruña, perdendo dous días de traballo”. O corcubionés engadiu que “o PSOE anda a velas vir, e despois se queixan do maltrato á comarca, cando eles fan o mesmo dende o goberno central con estes servizos”. O candidato nacionalista sentenciou que “o PP non se move para pedir a transferencia do servizo a 
SERGAS. PSOE e PP nos teñen vendidos”.

Histórico da problemática co ISM

Comentarios