Corcubión achégase ao Berlín Oriental a través dunha exposición
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/09/16/Exposicion-de-Foto-en-Corcubion-sobre-Berlin-Oriental.jpg)
08:25 17/09/12
![Exposicion de Foto en Corcubion sobre Berlin Oriental Exposicion de Foto en Corcubion sobre Berlin Oriental](Exposicion-de-Foto-en-Corcubion-sobre-Berlin-Oriental-219x300.jpg)
Interesante a exposición que ata o 15 de outubro está aberta no Museo da Casa da Cultura de Corcubión. Alfonso Bueno Gayo é o autor da exposición de fotografías "Berlín Oriental. Tempo", un traballo que xurde dunha viaxe do autor a Berlín, e que foi publicado no Festival outono fotográfico de Ourense en 2009 con motivo do 20 aniversario da caída do muro.
E precisamente coas fotos deste ourensán de Allariz, podemos facer unha viaxe polos lugares máis curiosos da Berlín ex comunista. Un lugar máxico e cheo de segredos.
A exposición está aberta de luns a venres mañá e tarde, e os sábados de mañá.
Máis información
Novas relacionadas
- Os maiores de Corcubión preparan os seus Talleres.
- Corcubión prepárase para a simpática X Carreira Popular.
- Corcubión xa pensa no seu Serán musical en San Roque.
Fonte
- Concello de Corcubión.