Corcubión acolle hoxe un obradoiro para paticipar na creación do Catálogo da Paisaxe de Galicia


Xa está na rede a primeira fase do Catálogo da Paisaxe de Galicia, no mesmo participamos na súa elaboración. Agora, os veciños da comarca de Fisterra poderán facelo, xa que Corcubión acollerá ste luns 14 de marzo un obradoiro público para a elaboración das Directrices da Paisaxe, promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. A actividade terá lugar ás 18,30 horas, na Casa da Cultura .
Os participantes comprenderán tanto axentes convidados polo seu coñecemento da área paisaxística ou a súa actividade vinculada á xestión da paisaxe, como calquera persoa que desexe asistir e se inscriba na dirección secretaria.iet@xunta.es ou chamando aos teléfonos 981 541 755 / 981 541756.
Esta actividade forma parte dos 50 talleres públicos que o departamento autonómico organizará en toda Galicia, un por cada unha das 50 comarcas paisaxísticas nas que se divide o noso territorio. Esta distribución pretende garantir unha maior equidade espacial no proceso de participación, facilitando á poboación de todos os ámbitos territoriais o acceso a este proceso dun xeito presencial.
Estes obradoiros compleméntanse coa posta en marcha dunha plataforma web participativa a través da cal calquera persoa, dende calquera lugar e en calquera momento, poderá aportar a súa opinión e o seu coñecemento para o deseño das directrices da paisaxe galega. Esta plataforma está dispoñible na dirección https://sixot.es/Paisaxe.
Nestes talleres, os participantes poderán expresar as súas aspiracións en canto aos obxectivos de calidade paisaxística, é dicir, as súas preferencias en canto ás características paisaxísticas da súa contorna, así como a súa opinión sobre as posibles medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe.
Tamén traballarán coa plataforma web, na que poderán valorar os principais tipos de paisaxe da súa comarca paisaxística e elixir os tipos de paisaxe preferidos de cara á súa planificación futura. Así mesmo, a través desta web os usuarios poderán localizar puntos relevantes dende o punto de vista paisaxístico e asignarlles unha valoración, determinar os elementos que os compoñen e propoñer medidas de actuación para os mesmos.
Máis información
- CMATI: Exposición Pública do Catálogo da Paisaxe de Galicia.
- sixot.es/CatalogosPaisaxe.
- somospaisaxe.org.
Novas relacionadas
- 13-02-16: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Queres participar na creación do Catálogo da Paisaxe Galega?
- A veciñanza costeira participa no Catálogo da Paisaxe de Galicia.
- Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).