Corcubión bótase "Polo Chan" na TVG tralo Nadal Deportivo

08:25 12/01/11
O Concello de Corcubión foi seleccionado para participar no programa da Televisión de Galicia “Polo chan”. Trátase dun concurso baseado en xogos de axilidade e destreza física ó aire libre simulando un pequeno parque temático rural onde 16 equipos de 10 integrantes, representado por distintos Concellos, deberán competir por chegar a final.
Os concellos seleccionaran un equipo formado por 15 persoas para participar na xincana, ademais dunha charanga e un pequeno público para animar nas probas.
Así que se tes máis de 18 anos e interésache participar ponte en contacto nas oficinas do Concello, no Pavillon Polideportivo ou chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.
Escola Municipal de Vela
Lembren que aínda se poden inscribir na Pioneira Escola de Vela en Corcubión. Poden facelo nas oficinas do Concello corcubionés.Campionatos de Nadal
E aproveitamos para felicitar aos gañadores dos concursos do Nadal Deportivo de Corcubión, que se disputaron durante as vacacións no pavillón corcubionés:Baloncesto 3x3
- Categoría Absoluta: Iago Lema, Alán Ínsua, Borja Santiago.
Tiros libres
- Absoluta: Javier Domínguez (segundo ano consecutivo).
- Sub-16: Marco Gonzalez.
Frontenis
- Categoría Absoluta: Marcos Agulleiro.
- Categoría sub-16: Marco Gonzalez.
Tenis de mesa
- Categoría bsoluta: Pedro Domínguez.
- Categoría sub-16: Juan Fuentes.
Novas relacionadas
- A Emprecor sorteou os seus premios de Nadal para mercar en Corcubión.
- Pioneira Escola de Vela en Corcubión.
Fonte
- Concello de Corcubión.
- Fotos e información do Torneo de nadal de Jorge Domínguez.