martes. 26.08.2025
El tiempo

Corcubión estreou o seu novo mural colaborativo na Viña

Mural na Vina de Corcubion-Foto-Luis Corral
Así quedou o novo mural da Viña-Foto-Luis Corral
Corcubión estreou o seu novo mural colaborativo na Viña

Se por Vimianzo tiveron que adiar os murais colaborativos no programa do Vimianzo MOLA para os mércores 3 e xoves 4 de setembro, por Corcubión a Vella Escola aproveitou esta semana para volver pintar o mural da zona da Viña. Este novo Mural Participativo de Cultura Mariñeira promovido dende o GALP Costa Sostible, foi pintado no marco das exitosas Xornadas Gastronómica da Confraría, e serviron para darlle unha nova vida aos gastados murais pintados en 2020 durante aquel fermoso Festival Artenauta.

Murais colaborativos en Corcubion

A cativada corcubionesas estivo coordinada pola artista carballesa Rakel Cavallo, e deixou a pegada dun espectacular golfiño, pintado con pintura fotocatalítica, o que achegará un compoñente ecolóxico, pola súa capacidade de absorber substancias tóxicas do aire.

Mural na Vina de Corcubion-Foto-Luis Corral 2

Máis novas

 

Comentarios