domingo. 11.05.2025
El tiempo

Corcubión libera a lingua

Corcubión libera a lingua

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2011 o Concello de Corcubión realizará un acto de liberación de palabras na praza de Castelao que consistirá en que a cidadanía manifeste o seu apoio ao idioma escribindo unha frase ou simple palabra en galego que será pendurada como acto de reivindicación do idioma propio.

Os participantes poderán escribir a súa mensaxe, pensamento, reflexión ou palabra e colgala como acto de liberación e protesta contra o trato discriminatorio que segue a padecer o noso idioma.

Di un proverbio popular que: “O falar non ten cancelas”. Infelizmente algúns, que ostentan cargos e responsabilidades das que non son dignos, teiman en pór, unha e outra vez, cancelas ao galego.

Máis información

Fonte

  • Concelllo de Corcubión.

Comentarios