venres. 06.12.2024
El tiempo

Corcubión manda 15 cartas de amor contra a violencia de xénero

Corcubión manda 15 cartas de amor contra a violencia de xénero

Fermosa iniciativa dende o Concello de Corcubión co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Concellería da Muller e Igualdade do Concello de Corcubión vén de abrir, dende hoxe e ata o vindeiro 15, a Casa da Cultura, unha exposición gráfica de ilustracións : "Cartas de Amor, 15 artistas contra a violencia de xénero".

Unha proposta que nace co fin de concienciar e sensibilizar ás institucións e a poboación en xeral e a mocidade en particular, para buscar a implicación de todas e todos no rexeitamento desta lacra social que é a violencia machista.

Máis actividades polo 25N

De seguro que a vindeira semana imos coñecendo moitas máis actividades arredor da violencia de xénero. De seguro que a Asociación Feminista Buserana artella algo importante.

Polo de pronto, este domingo 11 de novembro xa teremos a ocasión de acodir a Muxía á proxección dun filme comprometido.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Corcubión.

Comentarios