Critican o mal estado da recente reforma da Agra da Ribeira de Corcubión

Foi en 2021 cando o goberno socialista, no marco do Plan Único da Deputación, realizaba unha intervención na zona da Agra da Ribeira. Foron 109.000€ para arranxar a zona de aparcamento coa instalación dun solo de “Pavicésped”, que combina unhas estrururas de formigón con zona verde, pero que sofre moito coas inclemencias do tempo.
De feito, cando choque é absolutamente intransitable, e se convirte nunha piscina, mentres que moitas das estrutruras de formigón están levantados con risco de tropezo. Ademais, necesita unha limpeza continua, pois as herbas cobren varias partes da praza e dos aparcamentos.
Dende o grupo municipal de Sempre de Corcubión, reclaman ao goberno municipal do BNG que “preste atención a esta praza” polo “abandono” que sofre unha urbanización na que viven 48 familias.