Este domingo, unha fermosa tarde en Amarelle para seguir "facendo monte"

natureza no Monte Cambeiro-Foto-Paco Perú

Despois de ter que suspender a convocatoria prevista para o 5 de otubro por mor das fortes chuvias os colectivos de Corcubión volven convocar a xornada de peche do proxecto Terra Creativa. este domingo 27 de outubro sairá o sol e sera posible compartir unha tarde de monte fermosa.

A partir das 17:00h, no monte Cambeiro, no xa coñecido Círculo de Comunidade, terá lugar a acción que leva por nome “Querérmonos monte: Apeiros para volver facer monte” coa participación de xentes como Xoán-Xil López, Elia Pérez, Grupo ACHEGA, Diego Vites, Taisa Lewitsky con MASA, Doa Oa, Frank Buschmann e Andres López.

Farán balance deste proxecto que arrincaba hai xusto un ano, e intentarán compartir o desexo de vivir o monte, amosando unha serie de novos apeiros cos que animan” a todas e todos a seguir facendo monte no futuro, apeiros que quedarán a disposición da veciñanza e visitantes”.

A xornada servirá para identificar sementes de plantas coa bióloga e colaboradora Elia Pérez. Conectarán coa emisión en directo en Radio Neria de Tweede uur e escoitarán fragmentos desde o monte desta proposta de música experimental e situada que xurde da colaboración entre Crackshow e Xoan-Xil López. Ao final da tarde asaràn castañas nun lume e porán música ao lusco e fusco.

Terra Creativa

As asociacións Boca de Sapo e Universidade Cromática das Virtudes xunto á Cooperativa Azul mais Verde queren lembrar que Terra Creativa é “unha proposta que prentende ensanchar as formas de vincularnos ao noso territorio, neste caso ao monte, de entendelo e de querelo abundante e vivo”.
Pero ademais, fan unha petición pública: “Cremos ser exemplo dunha iniciativa singular no territorio e alén do mesmo e consideramos ter acadado a lexitimidade suficente como para reclamar o apoio necesario para a súa continuidade a aquelas institucións que na provincia defenden o futuro dunha cultura e un territorio sostible”.

Máis novas do proxecto

Máis novas do proxecto