Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Monte Cambeiro invita a veciñanza a escoitar os “chíos do mencer”

accions do proxecto terra creativa
O Monte Cambeiro invita a veciñanza a escoitar os “chíos do mencer”

Nova acción do fermoso programa Terra Creativa, no Monte Cambeiro, da man da alianza protagonizada polos colectivos Asociación Boca de Sapo, a Cooperativa Azul mais Verde e a AC Universidade Cromática das Virtudes, co apoio e o acompañamento da Fundación Daniel y Nina Carasso.

Desta volta, o renexerado e deseucaliptizado monte corcubionés convertido en Ágora, continua servindo de perfecto escenario para o proceso de recuperación do valor cultural, social e medioambiental do monte autóctono galego.

Así, este domingo 14 de abril ás 9,30h convocan á veciñanza e resto de persoas interesadas a unha sesión colectiva de escoita de paxaros no monte. Será unha xornada moi especial, para experimentar unha gran sinfonía, o fenómeno coñécese polo “coro do mencer”. Trátase do canto conxunto de paxaros ao comezo dun novo día. En primavera é máis evidente pois os paxaros están a defender o seu territorio de cría, tentan atraer a súa parella ou chaman á bandada.

en direccion ao monte cambeiro

A cita é no Círculo de Comunidade (ver ubicación aquí). Guiadas polxs biólogxs Elia Pérez e Damián Romay Cousido (ambxs do grupo naturalista Hábitat) comezán a escoita para ir debullando quen son os habitantes do monte en función dos seús chíos.
Para concluir, coa guía do artista sonoro Xoán-Xil de novo no círculo de comunidade, concluiremos a xornada activando a memoria sonora dos e das participantes.

O aforo é limitado a 20 persoas polo que é necesario inscribirse para reservar praza. Pódese facer escribindo a [email protected] ou ao wasup 655110625. Esta actividade esta orientada para tódolos públicos a partir de 10 anos.

Máis novas do proxecto

Comentarios