Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Monte Cambeiro, o centro do círculo da rexeneración autóctona

Circulo da Comunidade do Monte Cambeiro Corcubion
Así é o Círculo da Comunidade do Monte Cambeiro
O Monte Cambeiro, o centro do círculo da rexeneración autóctona

O proceso de rescate do Monte Cambeiro (Amarelle, Corcubión) leva dende 2017 sendo un dos mellores exemplos de recuperación do monte autóctono da comarca. Un proxecto desenvolto por unha asociación como a Comunidade Ecosocial Boca de Sapo, nun monte público de titularidade municipal, que serve de espello do que se pode facer a través dun proceso de deseucalilptización e posta en valor das especies autóctonas.

Este ano, o proxecto vai dar un salto a través do proxecto “Terra Activa”, que nace da alianza entre Azul Máis Verde Coop., a Asociación Boca de Sapo, e a AC Universidade Cromática das Virtudes e recibe o apoio e acompañamento da Fundación Daniel y Nina Carasso.

A primeira acción será este venres 17 de novembro coa inauguración do Círculo da Comunidade. Un espazo, construído con madeira de castiñeiro de km.0 procedente da zona de Toba, que servirá para achegar o proceso de rexeración que vive este bosque, e para invitar á veciñanza a dase paseo para descubrir os seus segredos.

Pola mañá está convocada a xente pequena do CEIP Praia de Quenxe e pola tarde, a partir das 17:00h, a convocatoria é aberta á veciñanza e ao público xeral.

Terra Activa no Monte Cambeiro inauguracion

Terra creativa

”Terra Creativa é o nome do proxecto que pretende poñer en valor o monte autóctono galego e trazar de novo vínculos con estes santuarios, formas de supervivencia fronte a industria que impón a monocultura do eucalipto”, explica María Bella. “Queremos tecer aprendizaxes que partan da creatividade que habita nun monte rexenerado para despertar novas sensibilidades e vínculos coa terra”.

Así, o programa Terra Creativa desenvolverase ao longo dun ano neste espazo corcubionés entrecruzando propostas artísticas con achegamentos propios das ciencias e invitando á comunidade a se converter en cómplice desta experiencia que honra a cultura e vida pasada no monte e actualiza e promove un futuro xunta o monte.

Historial do Monte Cambeiro

Comentarios